viernes, 21 de febrero de 2020

Presentación de candidatura as primarias de 2020







Estimados/as compañeiros/as:

Son Jesús Fernández Diez, e o motivo desta carta é informarche da miña intención de dar un paso ao frente e pedir o teu apoio para formar parte da proposta socialista ao Parlamento de Galicia dentro do proxecto de cambio encabezado por Gonzalo Caballero.

Teño 47 anos, son afiliado a Fete-Ugt, socialista militante, con 29 anos de vida laboral que comezou emigrando a Barcelona con 19 anos, e profesor de FP funcionario de carreira (número un da miña promoción). Estudei unha Enxeñería técnica industrial e logo a licenciatura en Dereito mentres traballaba. Actualmente estou a facer un doutorado en dereito administrativo sobre os retos xurídicos dos novos modelos de mobilidade.

Fun concelleiro en A Coruña no mandato 2011/15, na oposición, sen retribución, xa que sempre o compatibilicei coa miña profesión. Dedico unha parte do meu tempo libre a traballar como cooperante en Malawi, fundamentalmente en temas enerxéticos, campo no que levo traballando, de xeito ininterrumpido, toda a miña vida profesional. Xustamente ese coñecemento sectorial e a vertente administrativa, nun momento no que as políticas de transición enerxética son estratéxicas, entendo que é unha das miñas fortalezas.

Coido que é o momento do relevo, que debemos contribuír a que os socialistas continúen dando respostas as novas demandas que a sociedade galega está solicitando, pero dende o Goberno da Xunta. Os cambios deben verse reflexados nas persoas que están nas institucións. O futuro do novo estado do benestar está en xogo, e somos os socialistas os chamados a conseguilo, porque somos quenes xa o fixemos no pasado.

Preséntome co aval do traballo feito nestes anos, desenvolto dentro do partido e en responsabilidades públicas, onde sempre actuei en conciencia dacordo ao que dí o noso carnet "Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes".

Unha aperta!!
Se queres contactar conmigo podes facelo a través de:
https://www.facebook.com/jesus.fernandezdiez.5
https://twitter.com/jf_diez

Telf. 609634848; jesusfernandezdiez@yahoo.es

No hay comentarios: